A Sensu Contrario
Outra perspectiva em asesoramento xurídico!
Solucions xurídicas á medida das persoas.
Suspendisse fermentum odio
Materiáis de A Sensu Contrario.
Perante a crecente escalada de censura e control na Rede, consideramos prioritario que a información -e moi especialmente a información pública vencellada ao ámbito xurídico: xurisprudencia, modelos de denuncia e escritos, material audiovisual, etc.- circule libremente e estea pronta e a disposición de todo-l@s internautas á marxe de mesquiños intereses mercantís.
Así pois e dende esta páxina, iremos ofrecendo acceso a diferente material que consideremos interesante compartillar coas persoas que se achegan ata acó, ben de producción propia ou de redistribución pública. Agardamos que vos sexa de utilidade.
NovasNeste parágrafo iremos colgando novas que consideremos relevantes ou de interese dentro da nosa área.
- Desestimada a demanda da SGAE por críticas públicas da CNT contra do canon.
- Demanda de conciliación esixe 18.000 euros a un xornalista por comentarios escritos por usuarios no seu bloge.
Bookmarks
Se o consideras interesante, podes suscribirte ao feed dos nosos bookmarks en delicio.us e así terás acceso en tempo real á información que vamos engadindo alí.
Media
Neste parágrafo iredes tendo acceso a diferente material audiovisual que estea relacionado coas áreas de traballo que nos acometemos. Velaí alguns:
- Steal this Film : trátase dunha interesante reportaxe encol das implicacións cara á propiedade intelectual das novas tecnoloxías de intercambio e compartillamento de ficheiros on-line. Subtitulada ao galego po-lo Asensu D.T.
Sentencias
Neste apartado estarán á vosa disposición algunhas das sentencias que vaian xurdindo do noso traballo:
- Sentencia 1:
- Sentencia 2:
- Sentencia 3:
Criterios fundamentais:
- Unha resposta axeitada á realidade das persoas involucradas nun proceso legal.
- Unha actuación respetuosa cos direitos individuáis e colectivos, cunha especial incidencia na consideración á dignidade humán, ao medio ambiente, á igualdade, á horizontalidade e ao interese común.
- Unha relación laboral e económica normalizada, onde o prezo final da xestión sexa o resultado directo e proporcional do traballo acometido; desterrando así a indeterminación da minuta e os cobros xenéricos.
- Unha simplificación dos trámites legáis, potenciando a formación e participación do/a cliente na adopción de decisións e na procura de solucións ao seu proceso.
- Un uso axeitado das novas tecnoloxías que facilite o achegamento aos servizos administrativos e ferramentas legáis, cunha reducción da burocracia e do papeleo.
- Un enfoque ideolóxico na resolución dos conflictos, primando no acordo final factores ambientáis, persoáis e políticos fronte aos patrimoniáis, coxunturáis, ou calesqueira outros que impoñan resultados inxustos, incoherentes e incompatibléis coa normal convivencia entre as persoas.
Se tes interese en comunicarte connosco pode-lo facer achegándote á nosa páxina de contacto.